02/10/2019.

Oferta de emprego: técnico de ocio

Nome do posto: 

Técnico de Ocio e Deportes

Formación mínima requirida: 

- Técnico de integración social
- Técnico de animación sociocultural
- Educador Social

Formación especializada:

Valorarase especialmente:

- Formación no ámbito da discapacidade, especialmente no ámbito da saúde mental
- Formación en planificación de proxectos
- Outras sobre lecer, tempo libre e deportes

Experiencia:

Mínima de polo menos 1 ano en posto similar.

Competencias:

- Capacidade de escoita activa e empatía
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade de adaptación, reacción e resolución de conflitos
- Capacidade de adaptación na programación e planificación de accións
- Manexo de ferramentas ofimáticas e base de datos a nivel de usuario medio
- Capacidade de xestión e coñecemento de recursos socioculturais

Funcións:

As súas funcións principais serán:

- Programación de actividades de lecer e tempo libre 
- Acompañamento e participación nas actividades programadas
- Manter unha comunicación aberta coas persoas usuarias e cos técnicos doutros recursos sociosanitarios
- Coñecer os recursos socioculturais e a oferta na súa zona
- Elaborar informes e manter actualizada a base de datos
- Coordinarse de forma efectiva coa área de ocio e deportes da Federación

Dependencia funcional do seu posto:

Dependerá organicamente do coordinador de desenvolvemento asociativo e da técnica responsable de ocio e deportes da federación. Funcionalmente, da referente da súa delegación.

Localización do posto:

Situarase na delegación da Coruña

Duración do contrato:

3 meses, con opción de prórroga a un ano. 10 horas semanais, distribuídas entre fins de semana (de venres tarde a domingo) e un día por semana a determinar.

Salario bruto mensual: 

351,42€

Outras cuestións para valorar:

Ter carné de conducir e vehículo propio, dispoñibilidade para facer desprazamentos.

Envío de candidaturas:

Aqueles interesados, deberán enviar o seu CV a feafesgalicia@feafesgalicia.org indicando obrigatoriamente o seguinte no asunto do email: Ref: OCIO.feafesLCG

Prazo de envío de candidaturas:

O día límite de envío de candidaturas será o 11 de outubro.
Compartir contido