03/10/2018.

Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2018

O programa operativo de emprego xuvenil, que conta co apoio da Consellería de Economía,  Emprego e Industria e o confinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, ten como obxectivo o fomento da contratación de persoas menores de 30 anos para favorecer a súa inserción no mercado laboral. 

Para logralo, esta convocatoria de subvencións conta con tres programas, entre eles o programa de cooperación con entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a  empleabilidad e a inserción profesional das persoas mozas. 

Grazas a este programa, Saúde Mental FEAFES Galicia conta, dende o 1 de outubro e por un período de sete meses, cunha nova técnico de administración e finanzas que traballará a xornada completa na delegación de A Coruña. 

A nova compañeira realizará funcións administrativas no marco do servizo de atención integral a persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, encargándose de labores como información e atención telefónica e persoal, xestión documental e de bases de datos, trámites administrativos, seguimento e mantemento de servizos e oficinas, comunicación e correspondencia, apoio na presentación e xustificación de subvencións, etc.


Compartir contido