25/10/2019.

Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2019

O programa operativo de emprego xuvenil, que conta co apoio da Consellería de Economía,  Emprego e Industria e o confinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, ten como obxectivo o fomento da contratación de persoas menores de 30 anos para favorecer a súa inserción no mercado laboral. 

Para logralo, esta convocatoria de subvencións conta co programa de cooperación con entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil. Grazas a este programa, Saúde Mental FEAFES Galicia conta cunha nova técnico de administración e finanzas que traballará na delegación de A Coruña os próximos meses.

A nova compañeira realizará funcións administrativas no marco do servizo de atención integral a persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, encargándose de labores como información e atención telefónica e persoal, xestión documental e de bases de datos, trámites administrativos, seguimento e mantemento de servizos e oficinas, comunicación e correspondencia, apoio na presentación e xustificación de subvencións, etc.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.


Compartir contido