05/02/2020.

Programas financiados grazas á asignación do IRPF

Este ano, igual que os anteriores, Saúde Mental FEAFES Galicia recibirá apoio económico para diferentes programas que foron presentados á convocatoria do IRPF do ano 2019. En total, á entidade foille concedido un importe de cerca de 300.000 €, grazas ao cal se financiarán 11 proxectos dos que se beneficiarán máis de 1.000 persoas nas catro provincias galegas. 

Estes proxectos permitirán seguir atendendo ás persoas con problemas de saúde mental nas localidades onde traballan as asociacións federadas, así como ás persoas con problemas de saúde mental que teñen ou están nunha situación de maior vulnerabilidade e risco de exclusión social. 

Os programas de interese xeral para fins de carácter social financiados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF que se desenvolverán entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro, son os seguintes:

Actuacións de inclusión social:

  • Achega Saúde Mental
  • Incorpora Social Saúde Mental
  • PSH Inclusión Social
Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade:

  • Acompaña Saúde Mental
  • Atendo e apoio saúde Mental
  • Capacita e Saúde Mental
  • Inclúe Emprego  Saúde Mental
  • Previr Saúde Mental
  • Respira Saúde Mental
  • Volunta Saúde Mental

Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade:

  • Investir Saúde Mental (Cee e Pontevedra)



Compartir contido