01/07/2016.

Saídas terapéuticas con internos do Centro Penitenciario de A Lama



A asociación Lenda de Redondela promove saídas terapéuticas cos internos do Centro Penitenciario A Lama que participan no Programa de Atención Integral a Persoas con Enfermidade Mental, PAIEM. 

Estas saídas teñen como finalidade a mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental que residen nun centro penitenciario, así como a preparación para a súa reinserción e a adaptación a unha vida normalizada. A iniciativa tamén pretende darlles a coñecer aos internos os recursos cos que conta a comunidade en materia de saúde mental e drogodependencias, ademais de promover hábitos de vida saudable e facilitar a práctica dun ocio alternativo como o deporte.

Durante este ano, Lenda xa realizou varias saídas deste tipo, unha delas levada a cabo nas instalacións da asociación. No mes de xullo fixéronse dúas rutas de sendeirismo, nas cales os participantes do programa puideron percorrer a “Ruta da Liberdade” da Serra do Cando, no Concello de A Lama. 

A Asociación Lenda leva traballando con este programa dende o ano 2009, financiado dende o ano 2010 pola Fundación Barrié e polo 0,7% do IRPF.

Programa PAIEM

FEAFES Galicia realiza un traballo de intervención con persoas con enfermidade mental grave e cónica recluídas nos centros penitenciarios galegos. O proxecto enmárcase dentro do Programa para a Atención Integral a Persoas con Enfermidade Mental en Centros Penitenciarios, PAIEM, e lévase a cabo a través dun convenio de colaboración entre FEAFES Galicia, a Fundación Barrié e a Secretaría Xeral de Institucións do Ministerio de Interior. 

Actualmente, o programa PAIEM lévase a cabo nos cinco centros penitenciarios da nosa Comunidade Autónoma: Teixeiro, A Lama, Monterroso, Bonxe e Pereiro de Aguiar, ademais do 
Compartir contido