07/05/2019.

Un pouquiño máis preto do emprego

O pasado 3 de maio, un grupo de 6 persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia de A Coruña que están en situación de desemprego, participaron nun taller sobre políticas de emprego e información laboral básica coa fin de adquirir coñecementos elementais sobre o mercado de traballo.

Tratouse dunha acción grupal enmarcada nas actividades de Información, Orientación e Asesoramento para a Busca de Emprego (IOBE), financiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). 

A sesión estivo dividida en dous bloques. Nunha primeira parte, aportouse información sobre as políticas de emprego -tanto activas como pasivas- e abordáronse diversas cuestións como os principais servizos de prestacións, axudas e subsidios, a mellora da intermediación laboral, accións formativas para persoas desempregadas ou certificados de profesionalidade. 

Por outra banda, na segunda parte da sesión facilitouse unha serie de información básica sobre as relacións laborais: datos básicos dun contrato de traballo, como entender unha nómina, interpretar unha vida laboral, etc. Todos estes coñecementos permitíronlles aos participantes aprender a manexar un pouquiño mellor os recursos e a información de utilidade para seu proceso de inclusión sociolaboral.


Compartir contido