22/05/2017.

Un primeiro achegamento á informática

Durante as próximas semanas, FEAFES Galicia desenvolverá unha acción formativa na aula CeMIT de Vigo, actividade realizada grazas á colaboración do Concello de Vigo e a Concellería de Parques, Xardíns, Comercio, Participación Cidadá e Distritos.

Concretamente, os días 22 e 29 de maio desenvolverase neste espazo un taller de introdución ao uso do ordenador e a rede Internet en horario de 16h a 20h. Esta actividade está desenvolvida polo Servizo de Emprego e Formación de FEAFES Galicia no marco das súas accións de información, orientación e busca de emprego, financiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Esta formación pretende que os alumnos e alumnas aprendan a empregar as novas tecnoloxías como ferramentas útiles no seu proceso de inclusión sociolaboral, favorecendo a adquisición de destrezas básicas no emprego de programas informáticos que lles permitan manexar a información, realizar procuras de interese, xestións administrativas, etc.

Desde FEAFES Galicia queremos agradecer a disposición e facilidades proporcionadas polo Concello de Vigo, a Concellería de Participación Cidadá e os seus técnicos, tanto para a solicitude e emprego de aulas como para todas as xestións que se realizan conxuntamente.


Compartir contido