12/11/2015.

Usuarios de Apem, profes por un día

O pasado xoves 5 de novembro, un grupo de usuarios de Apem acudiu á facultade de Terapia Ocupacional para contar e expoñerlles aos alumnos de 2º curso a súa experiencia na terapia asistida con animais. 

As sesións con animais foron realizadas en colaboración coa Universidade da Coruña e o Centro Canino de Montegatto, experiencia que os mozos de Apem puideron contar nunha aula universitaria grazas á invitación de Adriana Ávila, profesora da Facultade de Ciencias da Saúde da Coruña.

Para levar a cabo esta charla, os usuarios de Apem prepararon unha presentación e ensaiaron moito previamente, vencendo o pánico escénico e logrando con éxito ser profes por un día. Tras a súa intervención, os mozos de Apem puideron visitar o interior da facultade e recibiron un agasallo por parte dos alumnos para agradecer a súa intervención.


Compartir contido