28/08/2015.

Usuarios de FEAFES realizan prácticas na Deputación de Lugo


O venres 28 de setembro, FEAFES Galicia e a Deputación de Lugo asinaron un convenio de colaboración no marco do Programa de Achegamento ao Mundo Laboral para Persoas con Enfermidade Mental. A través desta colaboración, dous usuarios terán a posibilidade de realizar prácticas laborais no Museo da Deputación Provincial de Lugo levando a cabo tarefas de ordenanza.

O Programa de Achegamento ao Mundo Laboral, financiado pola Deputación de Lugo a través da Área de Benestar, Igualdade e Xuventude, ten como obxectivo prioritario a realización de prácticas por parte dos usuarios en empresas ordinarias ou protexidas. 

A súa finalidade é promover e completar a formación e a experiencia laboral dos demandantes de emprego en aquelas áreas que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral. Por outra banda, o Programa de Achegamento ao Mundo Laboral tamén permite que as empresas e os empregadores coñezan máis de cerca a enfermidade mental e adquiran unha imaxe axeitada e normalizada sobre a mesma.

A través do convenio asinado coa Deputación de Lugo, os dous usuarios que realizarán prácticas de ordenanza poderán adquirir familiaridade no mundo laboral, consolidar aprendizaxes teóricas e o fortalecer hábitos laborais, ademais de reforzar as súas habilidades interpersoais. As prácticas terán unha duración de tres meses a xornada parcial.


Compartir contido