05/08/2016.

Xornada de portas abertas en A Creba

A Creba comeza o mes de agosto aumentando a súa visibilidade na vila de Riveira, para o cal organizará unha serie de actividades e mostras que pretenden achegar o seu traballo a toda a cidadanía.

Do luns 8 ao mércores 10, a praza do Concello será o emprazamento onde poidamos coñecer máis sobre esta asociación, que realizará diversos obradoiros de 10:30 a 12:30 baixo os títulos “Quen é quen?”, “Mitos e realidades” e “Ti que farías pola túa saúde mental?”. Ademais, o luns e o martes tamén haberá talleres en vivo e unha exposición dos traballos artesanais realizados polos usuarios e usuarias de A Creba.

O xoves 11, pola súa banda, celebrarase o Día de Portas Abertas nas instalacións da asociación, situadas na Rúa Abesadas nº 11. Haberá un obradoiro de coiro aberto a calquera persoa maior de idade que queira participar, previa inscrición no 981107013 / 648232718 ata cubrir o aforo de 15 persoas. Ademais, arredor das 11:30 lerase un pregón e procederase ao visionado da curtametraxe “Illa Esperanza”, podendo participar todos os asistentes, ademais, nun sorteo.

Para máis información sobre A Creba, visita: www.acreba.org.

 

Compartir contido