22/05/2014.

Carta aberta de FEAFES ós candidatos nas eleccións europeas

A Confederación FEAFES lanza unha mensaxe ós candidatos das eleccións europeas para que se comprometan a traballar a favor da saúde mental e os dereitos das persoas con estes trastornos. Esta é a carta aberta que escribe o presidente da Confederación, Sánchez Monge:

Diríxome a vostedes como candidatos para as próximas eleccións ó Parlamento europeo. E fágoo en representación das máis de 45.000 persoas e 300 entidades que forman a base social da Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES) que presido.

FEAFES é unha organización estatal sen ánimo de lucro que dende fai 30 años trata de promover a saúde mental e a mellora da calidade de vida das persoas con trastorno mental. A nosa vocación é colaborar e contribuír a que entre todos construamos unha sociedade máis inclusiva e xusta, e por iso permítome trasladarlles algunhas propostas que poden resultarlles de utilidade de cara o seu programa electoral:

- É preciso que a saúde mental se integre en todas as políticas relevantes da Unión Europea coa fin de garantir unha Europa inclusiva e sostible;
- A UE asinou a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e polo tanto debe respectar a Convención en todos os ámbitos da súa competencia;
-  A UE debería contribuír activamente á loita contra os prexuízos e o estigma asociados ós problemas de saúde mental a través de proxectos e políticas relevantes;
- A UE debería apoiar a desinstitucionalización asegurándose de que os fondos da UE facilitarán a transición dende a institucionalización cara os servizos comunitarios e de que os fondos da UE non se empregaránn para as institucións psiquiátricas por máis tempo;
- A UE debería apoiar as organizacións independentes e de representantes que traballan no campo da saúde mental para permitir a participación activa das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias na formulación das súas políticas.

Convén recordar que en España, máis de 1 millón de persoas teñen un trastorno mental grave, o 9% da poboación terá un trastorno mental ó longo da súa vida e o 88% dos coidados realízaosn coidadores informais como as familias, especialmente as mulleres.

Por outro lado, a nivel europeo pódese extrapolar perfectamente o que tamén ocorre no noso país. Segundo o Plan de Saúde Mental da OMS – Rexión Europea aprobado en 2013, unha gran parte das persoas con problemas de saúde mental non recibe tratamento de ningún tipo; a maior causa de discapacidade en moitos países son a depresión, a ansiedade e a esquizofrenia; moitas persoas con problemas de saúde mental non manteñen contacto cos servizos de saúde debido ó estigma e a discriminación, e a esperanza de vida das persoas con trastorno mental é inferior ó del resto da poboación debido principalmente a comorbilidades e interaccións entre saúde física e saúde mental que son ignoradas.

Como poden ver, a saúde mental é un ámbito dunha enorme transcendencia e a correcta abordaxe dos trastornos mentais e a promoción da saúde mental son aspectos de vital importancia que non se poden obviar dende as institucións europeas.

Por iso, como persoas candidatas e como posibles representantes da cidadanía española no Parlamento Europeo, considero que vostedes poderían:

- Favorecer e promover políticas sociais e sanitarias respectuosas cos dereitos das persoas con trastorno mental. E é que a fin última debería ser conseguir a rehabilitación e recuperación do seu problema de saúde mental.
- Impulsar que a atención á saúde mental teña un enfoque comunitario, integral e de continuidade de coidados.
- Contribuír ó  deseño e execución de políticas que promovan a saúde mental dende todos os ámbitos e que preveñan a aparición dos trastornos.

Para finalizar, trasládolles o noso desexo, e esperanza, de que dende o seu partido e o seu programa electoral, incorporen a filosofía de que “a Unión Europea traballa para protexer e mellorar a saúde de todos os europeos ó longo da súa vida” incorporada na publicación “Saúde Pública. Comprender as políticas da Unión Europea” editada pola Comisión Europea en 2013.

Sen nada máis, agradezo a atención prestada e dende a Confederación FEAFES quedamos á súa disposición para traballar conxuntamente pola saúde mental.

eleccions europeas.jpg

Compartir contido