26/05/2015.

CERMI Galicia invita á cidadanía a apoiar a ILP contra o copagamento confiscatorio

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) dispoñerá dunha mesa de recollida de firmas de apoio á campaña ILP Contra o Copagamento Confiscatorio durante o I Congreso Cidadanía e Educomunicación que se celebra en Santiago de Compostela.

Esta mesa servirá para que a cidadanía que queira apoiar a iniciativa lexislativa popular coa súa firma, poida facelo o martes 26 de maio entre as 9:30 horas e as 13:30 horas na Facultade de Comunicación da USC (Avd. Castelao s/n, Santiago de Compostela).

A campaña "Afirma os teus dereitos, firma contra o copagamento confiscatorio" promovida polo CERMI Estatal, fai un chamamento á sociedade no seu conxunto coa fin de recoller 500.000 firmas para levar este cambio legal ao Congreso dos Deputados para o seu posterior debate e aprobación.

A proposta do CERMI inclúe medidas como a exención do copagamento aos que perciban menos de 1.331 euros ou fixar unha achega máxima por persoa que non sexa superior ao 60% do custo do servizo ao que accede. Ademais, propón que se garanta á persoa en situación de dependencia unha cantidade para destinar gastos persoais que non sexa inferior ao 40% da súa capacidade económica.

Para máis información sobre a campaña "Afirma os teus dereitos firma contra o copagamento confiscatorio", pica aquí.

firmas copago confiscatorio.jpg

Compartir contido