14/10/2013.

Decathlon colabora con Feafes Galicia doando material deportivo

decathlon.jpg

A empresa de material e roupa deportiva Decathlon continúa colaborando con Feafes Galicia. Ademais de participar na inserción laboral de persoas con enfermidade mental, a compañía contribuíu doando material para a realización de actividades de ocio e deportes por parte da nosa entidade.

En concreto, a tenda Decathlon de Lugo doou unha mesa de pingpong, que foi entregada á asociación Alume, con sede na devandita cidade. Por outro lado, o establecemento de Vigo regalou as equipaciones deportivas para o equipo de fútbol do club de ocio de Feafes Galicia na cidade olívica.

Compartir contido