15/04/2015.

FEAFES Galicia achégase á Norma ONG Calidade

"Mellora na xestión e a transparencia en entidades sociais" é unha iniciativa promovida polo Instituto para a Calidade das ONG, ICONG, xestionado co apoio das organizacións e federacións territoriais dalgunhas das entidades socias do Instituto.

A través desta iniciativa, ofrécese unha proposta específica de traballo ás entidades sen ánimo de lucro para mellorar a súa xestión e incrementar a transparencia, traballando, deste xeito, con maior calidade a favor dos seus colectivos de usuarios.

Neste marco, o 15 de abril organizouse un encontro presencial en Santiago de Compostela ao que acudiron máis dunha vintena de persoas pertencentes a distintas entidades sociais, as cales xa realizaran un achegamento previo á Norma ONG Calidade. Este documento é un estándar de xestión da calidade creado por iniciativa do Terceiro Sector que recolle os principios máis actuais da xestión de organizacións adaptándoos á realidade da acción social.

A este encontro acudiron catro profesionais de FEAFES Galicia que participaron nunha dinámica de traballo a través da cal se deseñaron accións de mellora adaptadas a problemas reais das entidades sociais. A través dunha exposición de conceptos, un intercambio de experiencias e un traballo en equipo, os participantes deste encontro puideron achegarse un pouco máis á xestión da calidade e á busca da mellora continua nas súas entidades.

       

Compartir contido