09/01/2014.

FEAFES Galicia amplía o seu Servizo de Asesoría Xurídica

No mes de Decembro do 2013, FEAFES Galicia ampliou o seu Servizo de Asesoría Xurídica coa incorporación dun novo profesional licenciado en dereito. Deste xeito, pretendemos dar resposta á crecente demanda que ten o servizo, pois dende a súa posta en marcha non deixou de aumentar en número de usuarios.  

Nas enquisas de satisfacción que realiza anualmente FEAFES Galicia ós seus usuarios, percibiuse o interese por ampliar o horario de atención ó público do Servizo de Asesoría Xurídica, así como a necesidade de facilitar unha maior accesibilidade ó mesmo.

Así pois, a día de hoxe, o equipo queda integrado por Iván Sanmartín, que mantén o seu horario habitual, e Rodrigo Blanco, que estará na sede de FEAFES en Santiago todos os días da semana.  Coa fin de adaptarnos mellor á demanda dos usuarios do servizo, que en ocasións non poden vir polas mañás por compromisos laborais ou formativos, a atención realizarase tres días pola tarde e tres pola mañá, quedando do seguinte modo:

Horario do Servizo de Asesoría Xurídica de FEAFES Galicia:
horariogalego.jpg
*O martes de 16:00 a 20:00 e o venres de 10:00 a 14:00, a atención será conxunta polos dous avogados.

O procedemento para acceder ó servizo será o seguinte:

  • - Por teléfono: 981 554 395, ext. 21
  • - Por email: sanmartin@avogacia.org (Iván Sanmartín), asesor.xuridico@feafesgalicia.org (Rodrigo Blanco)
  • - As entrevistas sempre serán previa cita

 

Tamén como novidade, coa fin de mellorar a accesibilidade e calidade da atención, a partir de Febreiro  os asesores xurídicos desprazaranse regularmente ás oficinas de FEAFES en Vigo, Ourense e A Coruña. 

  • - A Coruña: 31 de Xaneiro, 14 de Marzo, 9 de Maio, 11 de Xullo, 26 de Setembro, 14 de Novembro.
  • - Vigo: 14 de Febreiro, 4 de Abril, 23 de Maio, 21 de Xuño, 12 de Setembro, 31 de Outubro.
  • - Lugo: 28 de Febreiro, 6 de Xuño, 17 de Outubro.
  • - Ourense: 25 de Abril, 18 de Xullo, 28 de Novembro.

 

As asociacións ou entidades interesadas en organizar formación sobre temas legais de interese para o colectivo, xa sexa para familiares, profesionais ou usuarios, poderán enviar a súa solicitude ó email lugo@feafesgalicia.org.

asesoriajuridica.jpg

Compartir contido