29/05/2013.

Feafes Galicia busca voluntarios en Lugo

Feafes Galicia necesita voluntarios que queiran colaborar coa nosa entidade na cidade de Lugo. Buscamos persoas de todas as idades, residentes na cidade amurallada ou arredores, dinámicas e sociables. Preferiblemente, con formación académica no campo social.

Entre as súas funcións estará a dinamización e acompañamento en actividades de ocio e tempo libre con persoas con enfermidade mental, acompañamento para realización de xestións, apoio na busca de emprego e participación en xornadas e actos de sensibilización.

Estas tarefas de voluntariado requiren un compromiso continuado, cunha dedicación de entre 4 e 16 horas mensuais, principalmente en horario de fin de semana. As persoas interesadas, poden enviar o seu curriculum vitae a intermediacionlugo@feafesgalicia.org.

Compartir contido