25/10/2013.

Feafes Galicia celebra as V Xornadas de Saúde Mental e Emprego

Feafes Galicia organiza o vindeiro 4 de decembro a V Xornada de Saúde Mental e Emprego baixo o lema En busca de oportunidades. O encontro terá lugar no Museo Verbum de Vigo. O programa, pendente aínda de pechar, é o seguinte:

 

MAÑÁ

 9.00 horas. Recepción de asistentes e entrega de documentación.

9.30 horas. Apertura das xornadas.

10.00 horas. “Autonomía persoal no emprego ordinario das persoas con enfermidade mental”. Relator: Psiquiatra da Área Sanitaria viguesa.

11.15 horas. Descanso

11.45 horas. Mesa redonda. “Da rehabilitación á autonomía laboral”.

          - “Valor dos talleres prelaborais para a inserción laboral”. Asociación Alba (Pontevedra).
          - “Perspectiva do emprego protexido. Experiencia a través do Centro Especial de Emprego”. Asociación A Creba (Noia)

12.45 horas. Relatorio: A rehabilitadora experiencia do Parque de Ocio Los Juncos. Relatores: José Antonio Peñalver (Psiquiatra, coordinador de Programas de Inserción da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Asistencia Psiquiátrica do Servizo Murciano de Saúde; e Luis Pelegrín Calero. Presidente da Asociación Murciana de Rehabilitación Psicosocial. 

14 horas. COMIDA


TARDE

16.30 horas. Experiencias en primeira persoa. Itinerario de usuario e empresa IMASPE.

17.15 horas. Mesa Redonda. “Patoloxía dual: Retos para a incorporación laboral”

          - “Afectación da competencia sociolaboral en patoloxía dual”. Francisco Otero. CEDRO, Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións. Concello de Vigo.

          - “Patoloxía dual e empregabilidade: dexesos e realidades”. Jesús Cancelo. Psicólogo Clínico. Director Programa de Drogodependencias e outras Conductas Adictivas ACLAD Alborada.

18.30 horas.  CLAUSURA

Podes consultar o programa completo pinchando aquí.


Compartir contido