04/02/2015.

FEAFES Galicia intervén no Master de Ciencias da Familia

A Facultade de Psicoloxía da USC está a acoller un Master de Ciencias da Familia no que están a participar arredor de setenta alumnos provenientes de países lationamericanos. O pasado martes 3 de febreiro, tiveron a oportunidade de coñecer o traballo que realiza FEAFES Galicia e en que consiste o Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental que desenvolve a Federación.

Antonio Hernández, director de FEAFES Galicia, e Raquel León, psicóloga da entidade, foron os encargados de realizar esta ponencia, a cal comezou cunha serie de preguntas para avaliar os coñecementos do público sobre saúde mental. A continuación presentouse a entidade explicando as súas orixes, obxectivos, recursos, implantación territorial e servizos, sen esquecer falar do impacto da enfermidade mental no noso entorno e o proceso polo que pasa unha persoa cando sufre un brote.

Na intervención non faltaron proxeccións audiovisuais e reflexións, facendo traballar ós alumnos e motivándoos a analizar as condutas da xente do seu entorno. A continuación expúxose o Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental que leva a cabo FEAFES Galicia, unha iniciativa que pretende mellorar a calidade de vida dun colectivo altamente discriminado por múltiples vías.

A sesión rematou cun caso práctico de intervención no que se plantexou unha situación simulada e se animou ós alumnos a elaborar, por grupos, un Plan de Intervención Integral. Tras unha posta en común, deuse por concluída a charla cunha rolda de preguntas e un intercambio de impresións. 

Master Ciencias Familia.jpg

Compartir contido