18/11/2014.

FEAFES Galicia, nominada ós “Premios á Sanidade de Galicia”

Este xoves 20 de novembro, o Hotel Monumento San Francisco en Santiago de Compostela acollerá o acto de entrega dos “Premios á Sanidade de Galicia” organizados polo grupo editorial Sanitaria 2000. Trátase dun premio que recoñece cada ano o labor de entidades e iniciativas sanitarias dunha Comunidade Autónoma distinta, destacando a súa relevancia e bo facer dentro do Sistema Nacional de Saúde.

Este ano, a editorial elixiu Galicia como autonomía recoñecida polo valor do seu sistema sanitario e dos profesionais que o fan posible. A través de diversas categorías, o comité editorial de Sanitaria 2000, asesorado por expertos coñecedores da sanidade galega, elixiu a os diferentes candidatos que, finalmente, foron sometidos ó xuízo dun xurado composto por relevantes personalidades do sector sanitario provenientes de todo o Sistema Nacional de Saúde.

Nesta edición dos premios sometéronse ó ditame do xurado un total de 17 categorías, entre elas a de “asociacións de pacientes” á que está nominada FEAFES Galicia xunto á Liga Reumatolóxica Galega e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). A listaxe completo de candidatos ós premios pódese consultar a través deste enlace

premios sanitaria.jpg

Compartir contido