19/09/2014.

FEAFES Galicia participa nun encontró bilateral en O Porto

O vindeiro venres 3 de outubro, FEAFES Galicia participará no I Encontro Bilateral de Entidades de Rehabilitación Psicosocial e Saúde Mental de Galicia e o Norte de Portugal organizado pola RARP-AMP (Rede de Apoio á Rehabilitación Psicosocial da Área Metropolitana de O Porto). A xornada desenvolverase entre as 10:00 e as 12:30 da mañá no salón nobre do Centro Hospitalar Conde de Ferreira, en O Porto.

Este encontro ten como obxectivo identificar posibilidades de cooperación entre entidades que traballan no ámbito da rehabilitación psicosocial de pacientes con trastorno mental grave en Galicia e no Norte de Portugal. Tal e como define a OMS na Estratexia Europa 2020, a cooperación entre institucións homólogas de rexións trasfronteirizas é fundamental para un crecemento intelixente, sustentable e inclusivo; de aí la vontade de organizar encontros coma este.

As xornadas comezarán ás 10:00 cunha presentación das mesmas e a continuación realizarase un debate baixo o nome “Galicia e Norte de Portugal: oportunidades de cooperación na saúde mental”. Nel participarán representantes de diversas entidades e institucións que traballan neste ámbito nas dúas rexións, entre os que intervirán o presidente de FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón, e o director de FEAFES Galicia, Antonio Hernández, para falar das entidades de rehabilitación psicosocial en Galicia. 

Os representantes de FEAFES Galicia exporán o traballo que realiza a Federación e as súas asociacións membro atendendo ás persoas con trastorno mental e ós seus familiares en todo o territorio galego, seguindo un modelo comunitario e unha abordaxe integral da enfermidade.

Ás 12:30 terminarán as intervencións e pola tarde un grupo máis reducido debaterá temas específicos para iniciativas de cooperación nas áreas de investigación, formación, capacitación e prestación de servizos.

encuentro oporto.png

Compartir contido