12/12/2013.

FEAFES Galicia participa nunhas xornadas sobre dependencia e outras adiccións

O venres 13 de Decembro terán lugar as IX Xornadas do Plan Local de Drogodependencias e Outras Adiccións (PLDA) de Vigo, dedicado nesta ocasión ás “Adiccións en tempos de crise”. Aproveitando esta convocatoria, celebrarase tamén de forma simultánea a III Xornada sobre Neuropsicoloxía e Rehabilitación Neurocognitiva en Drogodependencia.

Este encontro terá lugar no salón de actos do Museo Verbum (Avda. de Samil, 17, Vigo) e se prolongará dende as 09:00 da mañá ata as 19:45 da tarde. As xornadas están dirixidas a profesionais dos ámbitos da saúde, da educación, dos servizos sociais e outros axentes implicados na atención ás persoas con problemas aditivos.

O obxectivo destas sesións é promover o encontro, a posta en común, o debate e a reflexión entre os profesionais que traballan no ámbito das condutas aditivas, así como contribuír á formación continuada dos axentes sociais das redes de prevención, asistencia e incorporación social para persoas con problemas aditivos.

No marco destas xornadas, o presidente de FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón, intervirá para falar do panorama da saúde mental: presente e liñas de futuro. A súa participación terá lugar na sesión da tarde dentro da mesa redonda “Patoloxía dual en tempos de crise”, onde compartirá voz con Indalecio Carrera Machado de ACLAD Coruña e Carlos Vasconcelos de DICAD Oporto.

xornadasplda.jpg

Compartir contido