25/05/2012.

Feafes Galicia viaxa a Asturias

logo_entrada.gif

Un total de 33 persoas, entre usuarios de Feafes Galicia e monitores, visitan Asturias entre o 21 de maio e o 7 de xuño. Trátase dunha viaxe organizada pola Confederación Feafes en colaboración co Imserso e á que tamén contribúe a Fundación María Esperanza Rubido Romero.

Durante a súa estanza, as persoas con enfermidade mental que participan na excursión realizarán numerosas actividades acompañados dos monitores. Así, coñecerán os enclaves turísticos de cidades como Oviedo e Gijón. Ademais, farán actividades como unha estanza nun spa, a visita a un aquarium ou unha excursión aos Picos de Europa.

Os participantes na viaxe proceden de varias asociacións e dos clubs de ocio de Feafes. Con este tipo de actividades, os participantes rompen coa rutina diaria, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. Á súa vez, permite un respiro aos familiares na súa tarefa de coidadores.

Compartir contido