20/03/2012.

Feafes Galicia viaxa ás Palmas de Gran Canaria

logo_entrada.gif

Un total de 20 persoas, entre usuarios de Feafes Galicia e monitores, visitan a illa de Las Palmas de Gran Canaria entre o 21 e o 28 de marzo. Trátase dunha viaxe organizada pola Confederación Feafes en colaboración co Imserso y no que tamén contribúe a Fundación María Esperanza Rubido Romero.

Durante a súa estanza, as 17 persoas con enfermidade mental que participan na excursión realizarán numerosas actividades acompañados de tres monitores. Así, percorrerán toda a illa para gozar das paisaxes e coñecer os enclaves turísticos, realizarán visitas culturais e gozarán das famosas praias.

Os participantes na viaxe proceden de varias asociacións: Lenda, Morea e Doa. Con este tipo de actividades, os participantes rompen coa rutina diaria, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. Á súa vez, permite un respiro aos familiares na súa tarefa de coidadores.

Compartir contido