23/09/2014.

FEAFES Galicia viaxa ás Palmas de Gran Canarias

Este mércores, un total de 30 usuarios e 6 monitores das asociacións de FEAFES Galicia viaxarán ás Palmas de Gran Canarias para pasar sete días na illa atlántica. Os viaxeiros que disfrutarán este ano das vacacións do IMSERSO pertencen ás asociacións Lenda, Alba, Avelaíña, Lar, Albores e Alume, todas elas entidades membro da Federación. 

A saída realizarase o mércores 24 de setembro en vo directo dende Santiago de Compostela, aterrando no aeroporto de Gando para comezar unha semana de viaxes culturais, actividades recreativas e turismo natural. Os usuarios de FEAFES Galicia poderán disfrutar durante este tempo do clima cálido da illa e das súas rotas de interese turístico-natural. 

A primeira das actividades organizadas terá lugar o venres 26 e será unha rota polo leste da illa, podendo visitar Aguimes, Ingenio, Telde e As Palmas. O sábado 27 visitarán a zona centro para coñecer San Bartolomé de Tirajana, Tejeda, Vega de San Mateo, Santa Brigida, Teror, San Nicolás e Puerto Mogan. O luns 29 tocará percorrer a zona norte por Arucas, Firgas, Moya, Agaete e Galdar, quedando dispoñibles o resto dos días para o disfrute libre dos usuarios.

A viaxe rematará o mércores 1 de outubro, regresando de novo a Santiago de Compostela dende onde cada asociación volverá ós seus lugares de orixe. 

viaje imserso.jpg

Compartir contido