15/03/2012.

Feafes Galicia volve denunciar a non atención ás persoas con enfermidade mental sen teito

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) quere volver denunciar a falta de recursos na atención ás persoas con enfermidade mental sen fogar, a raíz do caso de desatención a un indixente na localidade de Ribadeo.

A pesar de que esta persoa vive en condicións deporables e mostra síntomas de non gozar de boa saúde mental, o servizo de Psiquiatría do Hospital da Costa avaliouno como san e o devolveu á rúa.

Feafes Galicia recorda que as persoas sen fogar con algún trastorno mental presentan un dos casos máis radicais de vulneración de dereitos sociais. En España, calcúlase que hai máis de 30.000 persoas sen fogar. Os estudos aseguran que un terzo desta poboación ten algún tipo de trastorno mental, como esquizofrenia, trastorno bipolar ou trastorno da personalidade. Na actualidade, apenas existen recursos de atención en saúde mental para este colectivo e practicamente ningún deles recibe tratamento farmacolóxico.

Compartir contido