16/09/2013.

Feafes imparte un Obradoiro de Atención ao Trastorno Mental Grave dentro do Proxecto NISE

Feafes Galicia colabora un ano máis na impartición dos cursos de formación enmarcados no Proxecto Nise 2010-2014, organizados en colaboración co Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Benestar.

O obradoiro leva por título Atención ao trastorno mental grave en réxime residencial. O obxectivo desta acción formativa é o desenvolvemento dun programa de formación continua de orientación dirixido a profesionais dos centros receptores de persoas maiores e con discapacidade (antigos usuarios do centros psiquiátricos), co fin de facilitarlles pautas de actuación encamiñadas a acadar aptitudes orientadas aos coidados específicos de residentes con trastornos mentais e eliminando o potencial estigma desta enfermidade.

A formación impartirase en seis localidades galegas nas seguintes datas:
- A Coruña. 20 e 27 de novembro                                 
- Ourense 20 e 27 de Novembro
- Santiago: 7 e 14 novembro / 21 e 28 de novembro
- Lugo: 7 e 14 de novembro / 21 e 28 de novembro
- Monforte 14 e 21 novembro
- Pontevedra: 6 e 13 novembro / 14 e 21 de novembro

Feafes Galicia encárgase de dúas horas de formación, que serán impartidas os seguintes días e a cargo destes profesionais:
- A Coruña. 27 de novembro. Luis Guisande Fernández, Director de la Residencia "Lar", Vilagarcía                                 
- Ourense. 27 de Novembro. Alfonso Díaz Lage, Director de Morea, Psicólogo y Mª Elvira Rodríguez González, Residencia Ourense
- Santiago. 14 novembro / 28 de novembro. Luis Guisande Fernández, Director de la Residencia "Lar", Vilagarcía
- Lugo. 14 de novembro / 28 de novembro. María José Nóvoa Rodríguez, Directora de la Asociación "A Mariña", Burela
- Monforte.  21 novembro. María José Nóvoa Rodríguez, Directora de la Asociación "A Mariña", Burela
- Pontevedra. 13 novembro / 21 de novembro. Luis Guisande Fernández, Director de la Residencia "Lar", Vilagarcía



Compartir contido