19/09/2013.

La Caixa celebra a entrega dos quintos Premios Incorpora Galicia 2013

premiosIncorpora2.jpg

A Obra Social La Caixa celebra o próximo 26 de setembro a entrega dos quintos Premios Incorpora Galicia 2013, un acto que terá lugar no Pazo de Congreso e Exposicións da Coruña (Palexco).

O acto, aberto a todos os públicos, celébrase á partir das 12.00 horas. Prégase aos asistentes que confirmen asistencia a través do correo electrónico incorpora@igaxes.org antes do 24 de setembro.

Neste encontro premiarase a aquelas empresas que durante o 2012 destacaron especialmente pola súa colaboración co Programa Incorpora en Galicia, no traballo a favor da Responsabilidade Social Empresarial e a Integración Laboral das persoas en risco de exclusión social.

Foron moitas as empresas galegas candidatas aos premios segundo as distintas categorías: empresa pequena, empresa mediana, grande empresa e agrupación empresarial. O xurado estivo composto por representantes da Administración Publica, da Universidade e do mundo empresarial, así coma por membros da Fundación La Caixa e o Programa Incorpora.

Compartir contido