28/05/2014.

O usuario de FEAFES Lugo, Pablo Barral, presenta o seu libro “Poesía de catro estacións”

Un dos obxectivos de FEAFES Galicia é demostrar que as persoas con enfermidade mental son plenamente capaces de desenvolver as súas capacidades. Neste caso, o usuario da delegación lucense da entidade, Pablo Barral, demóstranos que o seu diagnóstico non é un impedimento para cumprir un reto tal como escribir un libro.

Poesía de catro estacións é unha obra que expresa o que ve o seu autor ó longo dun ano. Editado pola Editorial Círculo Rojo, foi escrito durante as catro estacións, plasmando en versos o que vía, sentía e pensaba Pablo Barral a medida que transcorría o ano. Cunha especial sensibilidade, este autor con enfermidade mental demostra que a poesía pode ser unha vía de escape para deixar voar a imaxinación e expresar ó mundo os sentimentos máis profundos dunha persoa. 

Por iso, todo o mundo está convidado á presentación da obra Poesía de catros estacións que terá lugar o vindeiro xoves 29 de maio de 2014 ás 19h no Centro de Convivencia de Fingoi (Ronda de Fingoi 72, entrada pola Rúa Aviación Española). Trátase dunha presentación aberta ó público na que o autor contará a súa historia e qué o levou a escribir este libro, do mesmo xeito que nos falará da obra e da satisfacción que supón para el publicar un libro. 

A representante de FEAFES Lugo, Azucena Mato, acompañará ó autor durante a súa exposición e explicará o traballo que realiza a entidade a prol das persoas con enfermidade mental. Ademais, durante a presentación haberá exemplares dispoñibles para aquelas persoas que os queiran adquirir no momento. 

Se queres saber máis sobre o libro Poesía de catro estacións, podes ler unha entrevista realizada a Pablo Barral pinchando aquí. 

presentacion poesía cuatro estaciones.jpg

Compartir contido