29/04/2014.

Participantes do programa EM-Prégate visitan as instalacións de ACOLAT

Este ano, FEAFES Galicia está a desenvolver o Programa Integrado de Emprego EM-Prégate 2013 – 2014, cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar e que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral de persoas con enfermidade mental. 

Isto lógrase a través de diversas actuacións como información e orientación na busca de emprego, o deseño de itinerarios personalizados, a realización de accións formativas, prospección no mercado laboral, sensibilización no tecido empresarial e apoio para o mantemento do posto de traballo.

Co obxectivo de axudar ós participantes do programa a acadar un emprego, estanse a levar a cabo diversas accións de mellora da empregabilidade. Entre elas, atópanse as visitas grupais a empresas, que permiten ós participantes achegarse ó mundo empresarial e coñecer no terreo o seu funcionamento e organización.

No caso dos participantes do Plan Integrado de Emprego de Vigo, o pasado 22 de abril tiveron a oportunidade de visitar as instalacións da empresa ACOLAT (Agrupación de Cooperativas Lácteas) situada en Caldas de Reis.

Actualmente, o programa EM-Prégate de FEAFES conta cun usuario realizando prácticas en ACOLAT, a antiga Clesa. Durante a visita, os participantes do Plan Integrado de Emprego estiveron acompañados por Carmen Ponte, do Departamento de RRPP de Feiraco, e por Xiana Beiro, Xefa de Planificación de Clesa.

visita acolat (2).jpg        visita acolat (1).JPG

faldon empregate.jpg

Compartir contido