27/11/2014.

Programa das VI Xornadas de Saúde Mental e Emprego

O vindeiro martes 2 de decembro, FEAFES Galicia celebra as VI Xornadas de Saúde Mental e Emprego baixo o lema “Recuperación, emprego e inclusión”. Neste encontro, expertos de toda Galicia e doutros lugares de España intercambiarán experiencias sobre a inserción laboral de persoas con enfermidade mental. O encontro, que terá lugar no Museo Verbum de Vigo, é gratuito e a súa inscrición poderá facerse a través do email xornadasaudeemprego@gmail.com ou do teléfono 986 485 779.

PROGRAMA JORNADAS EMPLEO.jpg

Compartir contido