15/03/2015.

Un proxecto para persoas xordocegas aberto á sociedade

O Grupo de Investigación-Acción Helen Keller naceu no ano 2013 como iniciativa dun grupo de profesionais do ámbito social, pedagóxico e artístico que buscaban a promoción colectiva das persoas con discapacidade. Este grupo, conformado por persoas xordocegas e persoas oíntes, traballaron na investigación e difusión del libro “Prende a Luz, escritos de Helen Keller ante a cegueira social”, que é a primeira e única recompilación traducida ó castelán dos escritos políticos e sociais desta loitadora xordocega. 

O libro “Prende a Luz, escritos de Helen Keller ante a cegueira social” saíu á venda o pasado 1 de marzo e ten prevista unha serie de presentacións en distintos lugares de Galicia. O 18 de marzo realizarase un acto na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela e o 24 de marzo a presentación terá lugar no CIFP Ánxel Casal Monte Alto de A Coruña. Ambos actos terán lugar ás 19:00 e serán accesibles para persoas xordas xa que haberá un intérprete de lingua de signos.

Este libro é o resultado do traballo e dedicación gratuíta de todas as persoas que participaron nel, e a súa saída á  luz foi  posible grazas ó entusiasmo compartido durante os dous últimos anos.

Latidos musicais ó compás do corpo

Unha vez o proxecto do GIA Helen Keller foi crecendo, incorporáronse ó grupo dous músicos que comezaron a deseñar unha pedagoxía inclusiva para facer accesible a todo o mundo a música a través do instrumento máis primitivo que temos os humanos: o corpo. Así foi desenvolvéndose un modo de facer música que resulta accesible para todos, incluídas aquelas persoas que teñen afectados os sentidos da vista e o oído. 

Para presentar este proxecto a todo o mundo, o 20 de marzo realizarase na Casa da Cultura e Solidariedade de Santiago de Compostela o taller de percusión corporal “Latidos musicais, compás do corpo” (Rúa do Home Santo 47). Nel participarán persoas xordas, xordocegas, oíntes e todo aquel que queira apuntarse, xa sexan profesionais do ámbito social, usuarios de algunha asociación ou calquera cidadán en xeral. 

O taller terá unha duración de dous horas e comezará ás 19:00. Do mesmo modo, ás 16:00 haberá outro no mesmo lugar dirixido a mozos e mozas. Trátase dunha actividade gratuíta con previa inscrición, que se poderá facer a través do email soletex@hotmail.com ou do teléfono 626 70 78 81.

Para completar esta axenda de propostas, o GIA Helen Keller estará o 21 de marzo en Bertamiráns para realizar unha xornada de traballo en colaboración cos profesionais de Galicia Montessori. Terá lugar de 16:00 a 20:00 e nela confluirán a testemuña de Gennet Corcuera (muller xordocega que forma parte do proxecto) co taller práctico de percusión corporal e a presentación do libro. A actividade terá un custe de 25€ e será necesaria inscrición previa.

Para máis información, podes consultar a web do proxecto www.giahelenkeller.com

helen keller (2).jpg          helen keller (3).jpg 

Compartir contido