Servicios para la sociedad en general

En Saúde Mental FEAFES Galicia nos esforzamos para ofrecer el asesoramiento y los recursos necesarios para mejorar la calidad de vida de las personas con problemas de salud mental.

Nunha comunidade debe haber grupos de cidadáns e cidadás capaces de ser axentes activos do seu propio progreso e benestar, xa sexan familiares, persoas achegadas, persoas con problemas de saúde mental, colaboradores e colaboradoras, etc. Neste senso, favorecemos a participación asociativa das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, do mesmo xeito que tratamos de dinamizar a vida asociativa e fomentamos o voluntariado nas nosas entidades. 

Servizo prestado por: federación + asociacións

A loita contra o estigma que existe arredor da saúde mental segue a ser un reto pendente na sociedade actual. Por iso, tratamos de difundir unha imaxe real e integradora do colectivo mediante o contacto cos medios de comunicación, a elaboración de publicacións e material divulgativo, o deseño de campañas de sensibilización e a difusión das nosas mensaxes a través da Internet. 

Servizo prestado por: federación + asociacións

A saúde mental é unha parte máis do benestar xeral das persoas, polo que é importante difundir e promover hábitos saudables. Pero, ademais, tamén traballamos para que haxa un maior e mellor coñecemento sobre os problemas de saúde mental, para o cal realizamos diversas accións informativas e formativas. 

Servizo prestado por: federación + asociacións