SENSIBILIZACIÓN

Webinar: Mulleres coidadoras de persoas con discapacidade

DATA: 04 marzo 2021

HORA: 10:00 - 12:30

LUGAR: En liña

PREZO: Gratuíto

A propósito do Día da Muller, que se conmemora o vindeiro 8 de marzo, a Comisión da Muller do CERMI Galicia organiza un webinar baixo o título “Mulleres coidadoras de persoas con discapacidade”, que terá lugar o vindeiro xoves 4 de marzo de 10:30 a 12:00.

O encontro contará coa presenza da directora Xeral de Igualdade, dona Susana López Abella, así como do presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández. Por parte de Saúde Mental FEAFES Galicia, participará como moderadora do encontro Isabel Quintairos, xornalista e integrante do Comité en Primeira Persoa; e Mar Piñeiro, presidenta da asociación Fonte da Virxe que compartirá a súa experiencia como nai de dous fillos con discapacidade. Xunto a elas, outras mulleres representantes doutras entidades do CERMI, intervirán para compartir as súas experiencias.

Para asistir ao webinar, será preciso contactar co CERMI Galicia a través do enderezo electrónico cermi.galicia@once.es ou do teléfono 981 206 900.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.