Comite en primeira persoa

O Comité en Primeira Persoa foi constituído en novembro de 2017 en Santiago de Compostela e está formado por un grupo de persoas usuarias coa intención de converterse nun espazo de intercambio e inquietudes.
O Comité en Primeira Persoa é un órgano que da voz ás persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia e as súas asociacións, conformando un marco para o diálogo e a posta en marcha de accións concretas que permitan avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con problemas de saúde mental.

Foi constituído en novembro de 2017 en Santiago de Compostela e está formado por un grupo de persoas usuarias procedentes de diversos puntos de Galicia. A través de reunións mensuais, o Comité convértese nun espazo de intercambio de información e inquedanzas onde os e as integrantes tratan temas relacionados coa saúde mental que lles afectan e lles preocupan. 

Entre as accións que leva a cabo o Comité, destaca a elaboración e actualización do blog en primeira persoa mentalizaccion.org, a realización de accións formativas, o posicionamento ante temas relacionados coa saúde mental ou a posta en marcha de accións e campañas de sensibilización.