Preguntas frecuentes

Queremos axudarche a aclarar todas as dúbidas que teñas. Para iso poñemos á túa disposición as preguntas máis frecuentes que adoitan trasladar as persoas usuarias.

Podes facernos calquera outra preguntar a través do noso formulario de consulta

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995, que agrupa actualmente a 12 asociacións repartidas por toda a xeografía galega.

Diriximos o noso traballo ás persoas con problemas de saúde mental, ás súas familias e persoas achegadas, aos e ás profesionais da saúde mental e á sociedade en xeral.

Temos delegacións en Santiago, Vigo, Ourense, Lugo e A Coruña.

Podes contactar con nós a través do teléfono gratuito 900 102 661, a nosa web ou redes sociais:
Facebook e Twitter

Os problemas de saúde mental con unha alteración de tipo emocional, cognitivo e/ou do comportamento no que quedan afectados procesos psicolóxicos básicos como a emoción, a motivación, a cognición, a conciencia, a conduta, a percepción, a aprendizaxe e a linguaxe, o cal dificulta a adaptación da persoa ao ámbito cultural e social no que vive e crea algunha forma de malestar subxectivo.

É fundamental entender os problemas de saúde mental como unha parte da nosa vida e unha circunstancia máis da persoa, e non como un elemento que anula o resto das nosas capacidades.

É importante saber que os problemas de saúde mental poden tratarse para lograr a recuperación ou permitir que a persoa poida ter unha mellor calidade de vida.

Os problemas de saúde mental responden moi poucas veces a modelos simples de tipo causa-efecto. As súas causas son probablemente múltiples, e nalgúns casos son descoñecidas.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, unha de cada catro persoas presenta ou presentará un problema de saúde mental ao longo da súa vida. Aínda que pode haber persoas con máis predisposición xenética que outras, os factores ambientais e sociais poden afectar de forma determinante na aparición dos problemas de saúde mental, polo que todos e todas estamos expostos a iso.

En Galicia, hai máis de 80.000 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental, sendo esta a segunda causa de discapacidade máis frecuente despois da física.

Saúde Mental FEAFES Galicia conta con 12 asociacións federadas na actualidade:

6 na provincia de A Coruña
Ferrol, Narón, Cerdido, Betanzos, Culleredo, Cee, Vimianzo, Santiago, Noia, Ribeira, Dodro e Ordes.  
  • Sáude Mental Ferrol. 981 388 992 
  • ASPANEPS. 981 300 370 
  • APEM. 981 132 218
  • Fonte da Virxe. 981 884 239
  • A Creba. 981 824 921 
  • Andaina. 981 802 078 
2 na provincia de Lugo
Lugo, Guitiriz, Burela, Ribadeo, Cervo e Viveiro.
  • Alume. 981 251 602 
  • A Mariña. 982 557 692 
4 na provincia de Pontevedra
Pontevedra, Vigo, Redondela, Cangas, Baiona, A Guarda, Ponteareas e A Cañiza.
  • Doa. 986 483 208 
  • Avelaíña. 986 610 021 
  • Alba. 986 859 368 
  • Lenda. 986 859 368 

As entidades prestan e xestionan determinados programas, servizos e dispositivos: 

- Centros de rehabilitación psicosocial. 13 na provincia de A Coruña, 4 na provincia de Lugo e 6 na provincia de Pontevedra.
- Pisos tutelados 
- Residencias. 1 en Cee e 1 en Cervo.
- Centros de día. 1 en Carballo.
- Centros ocupacionales. 1 en Narón, 1 en Santiago, 1 en Noia e 1 en Redondela.
- Programas de atención en domicilios.

Os dispositivos (centros, pisos ou residencias) teñen financiación pública, xa sexa a través de la Consellería de Sanidade ou da Consellería de Política Social. Os requisitos de acceso poden variar segundo quen sexa o seu financiador, siempre e cando haxa prazas dispoñibles. Normalmente teñen que ser derivados polos servizos de saúde mental, polos servizos sociais ou de dependencia. Ponte en contacto coa entidade que che interese para ampliar esta información.

Si, todos os servizos xestionados directamente pola federación son gratuítos. Algúns dos servizos prestados polas entidades federadas poden ter un custo ou cofinanciamento: pisos, residencias, centros ocupacionais ou centros de día.

A propia federación ten unha serie de servizos que xestiona directamente, que son: 

- Servizo de información, orientación e asesoramento 
- Servizo de inserción laboral e emprego 
- Servizos de asesoría xurídica 
- Servizo de ocio e deportes 

Estes servizos podes atopalos en todas as delegacións da Federación nas catro provincias.

Para acceder aos nosos servizos podes poñerte en contacto connosco no teléfono gratuito 900 102 661 e pedir unha cita presencial para poder atender as túas necesidades de xeito personalizado. 

Segundo a localidade da que sexas, podes chamar directamente á oficina que quede mais preto do teu domicilio:

- A Coruña. 981 228 135 
- Santiago. 981 554 395
- Lugo. 982 254 452 
- Ourense. 988 601 194 
- Vigo. 986 485 779

Si, os nosos servizos tamén son ofrecidos a familiares e persoas achegadas. Chámanos e trataremos de dar respostas ás túas inquedanzas ou necesidades.

Non. Dende os servicios de información, asesoramento e apoio, o noso equipo profesional escoitarache, orientarache e apoiarache de xeito profesional e integral. Este está composto por traballadoras sociais, educadoras sociais e psicólogas que te apoiarán emocionalmente no afrontamento da túa situación, pero non se presta servicio profesional de psicoterapia. Facilitarémosche información sobre os tratamentos de psicoterapia que se ofrecen dende os servicios públicos de saúde e como solicitalos.

Non, pero temos un servizo de orientación laboral mediante o cal ofrecemos información, asesoramento e apoio á inserción laboral traballando como centro colaborador do Servicio Público de Emprego de Galicia. Para iso, contamos co Observatorio de Emprego para Personas con Enfermidade Mental, que ten como misión facilitar a inserción laboral a través de accións de información, orientación, formación, intermediación laboral coas empresas e apoio para a consecución e o mantemento do posto de traballo.

As persoas con problemas de saúde mental mental son violentas: As persoas con problemas de saúde mental non teñen máis probabilidades de ser violentas que as demais, e só o 3-5% dos actos violentos poden atribuírse a persoas cunha enfermidade mental grave. De feito, as persoas que teñen unha enfermidade mental grave son 10 veces máis propensas a ser vítimas de delitos violentos en comparación coa poboación xeral. Igualmente, está comprobado que o maior volume de violencia entre estas persoas corresponde á exercida sobre elas mesmas.

As persoas con problemas de saúde mental non poden vivir cos demais: Como calquera outra persoa, as que teñen un problema de saúde mental poden vivir soas, coa súa familia, en parella ou como desexen. Cada persoa e cada contexto son diferentes e todas as persoas podemos necesitar apoios para levar unha vida autónoma e co maior benestar posible. Nos últimos anos lográronse importantes avances para que as persoas con problemas de saúde mental sexan visibles e participen na contorna comunitaria dun xeito normalizado.

As persoas con problemas de saúde mental non se recuperan: As persoas con problemas de saúde mental poden mellorar e melloran. O máis axeitado é que se traballe con elas dende un enfoque integral que combine tratamento médico, medidas de rehabilitación sociolaboral e apoios psicolóxicos e familiares.

Se tes esquizofrenia é porque consumes drogas: Ter unha esquizofrenia non é consecuencia do consumo de drogas, nin toda a xente que ten unha esquizofrenia consume este tipo de sustancias. Hai unha serie de factores que poden predispoñer á aparición da esquizofrenia. O consumo de drogas é o que se denomina un factor de risco, isto é, aumenta as probabilidades de experimentar crises ou outros brotes psicóticos en persoas que xa tiñan predisposición.

A enfermidade mental causa discapacidade intelectual: Unha problema de saúde mental non é nin causa unha discapacidade intelectual. Son dúas cousas diferentes, aínda que poden presentarse á vez na mesma persoa. A diferencia da discapacidade intelectual, e a enfermidade mental non está asociada a ningún nivel particular de intelixencia, pódese presentar a calquera idade e é tratable.

A min no me pode tocar: 1 de cada 4 persoas desenvolverá algún problema de saúde mental ao longo da súa vida. Aínda que pode haber persoas con máis predisposición xenética que outras, os factores ambientais poden afectar de forma determinante na aparición de trastornos mentais, polo que todos e todas estamos expostos a telos.

Non poden traballar: En España, 13.000 persoas con problemas de saúde mental teñen un emprego regular. Sen embargo, o 44% delas declara ter sufrido algún tipo de discriminación no ámbito laboral.

Na infancia non hai problemas de saúde mental: Os nenos e nenas tamén poden exhibir sinais de advertencia temperás que representen unha alarma para a súa saúde mental. Estes problemas de saúde mental a miúdo pódense diagnosticar clinicamente e adoitan ser un produto da interacción de factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais. Os datos revelan que o 10-20% dos nenos, nenas e adolescentes sofren trastornos psiquiátricos. A metade dos problemas de saúde mental presentan síntomas antes de que unha persoa cumpra os 14 anos, e tres cuartos delas comezan antes dos 24 anos.

O sistema que define a nova ley para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica baséase en diferentes figuras, que serán graduais en función das necesidades de apoio de cada persoa. Estas son: 

- Curatela (asistencial ou representativa) 
- Guardador/a de feito 
- Defensor/a xudicial 

A curatela establecerase para aquelas persoas con discapacidade que poidan precisar dun apoio continuado. Esta deberá establecela unha xuíza ou un xuíz, quen tamén deberá determinar as áreas da vida nas que a persoa necesitará estes apoios. 

A curatela é, por defecto, unha medida asistencial, polo que o curador ou curadora está obrigado a: 

- Manter contacto persoal coa persoa necesitada de apoio e desempeñar as funcións encomendadas coa dilixencia debida. 
- Asistir á persoa á que preste apoio no exercicio da súa capacidade xurídica respectando a súa vontade, desexos e preferencias. 
- Procurar que a persoa con discapacidade poida desenvolver o seu propio proceso de toma de decisións. 
- Fomentar as aptitudes da persoa á que preste apoio, de modo que poida exercer a súa capacidade con menos apoio no futuro. 

Para aquelas persoas que precisan apoios máis extensos, establécese, de maneira excepcional, a curatela representativa. Esta figura está pensada para representar á persoa con discapacidade cando esta non poida facelo por si mesma. Ou curador ou curadora deberá facer un inventario do patrimonio da persoa apoiada e render contas de maneira periódica. Así mesmo, o xuíz ou xuíza deberá establecer cando a persoa con discapacidade necesitará ser representada ou simplemente acompañada ou asistida.

A garda de feito establecerase cando non existan medidas voluntarias ou xudiciais aplicadas. É dicir, é o apoio natural á persoa, sen a necesidade de formalizalo. Cando a natureza do acto requira acreditar a representación (por exemplo, para accións de compra-venda), a persoa que exerza a garda de feito solicitará autorización xudicial para esa situación puntual. 

O defensor xudicial nomearase xudicialmente cando quen desempeñe a curatela teña un impedimento transitorio para actuar nun caso concreto, ou cando exista un conflito de intereses ocasional entre esta persoa e á que lle prestea apoio. 

Que existan modificacións na lei non quere dicir que as persoas que recibían apoio para desenvolver os seus proxectos de vida deixen de facelo, en todo caso deberán ser protagonistas desa toma de decisións e recibirán eses apoios na medida que os necesiten. 

Á súa vez, as persoas que prestan o apoio actualmente poderán seguir facéndoo, pero a través doutras figuras xurídicas. A persoa ten que estar no centro das decisións e débese respectar a súa vontade e preferencias, pero non se lle vai a deixar sen apoios.

Coa nova Lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesal para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, a  curatela pasa a ser unha figura con carácter asistencial que só terá carácter representativo en casos especialmente graves. O xuíz establecerá en que actos concretos debe intervir a persoa que exerce a curatela e se a súa intervención terá carácter asistencial ou representativo, de modo que todas as accións que non estean recollidas na sentenza poderán ser realizadas sen apoio pola persoa con discapacidade. Con carácter xeral, a curatela será asistencial.

As persoas titoras, curadoras e defensoras xudiciais nomeadas baixo o réxime da lexislación anterior exercerán o seu cargo conforme ás disposicións desta lei a partires da súa entrada en vigor. 

As persoas, os apoios e quen os proporciona no momento actual, os apoios que están establecidos segundo a anterior lexislación (tutela, curatela, patria potestade prorrogada, etc.) continúanse aplicando e proporcionalmente iranse trasladando ao novo sistema de apoios que resultará da entrada en vigor da nova lei. Só quedan suxeitos a tutela, unicamente:

1. As persoas menores non emancipadas en situación de desamparo. 
2. As persoas menores non emancipadas non suxeitas á patria potestade. 

Quedan sen efecto todas as privacións de dereitos a partir da entrada en vigor da Lei (votar, contraer matrimonio, conducir, etc.). Establécese un período de adaptación á nova lexislación de 3 anos, aínda que se pode pedir por calquera das persoas interesadas unha vez entre en vigor

Trátase dun documento que acredita a discapacidade das persoas. Vai dirixido a persoas de calquera idade e fundaméntase sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria. Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de Valoración e Orientación (EVO) dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social. Se unha persoa alcanza unha porcentaxe igual ou superior ao 33% no grao de discapacidade, pode acceder a unha serie de beneficios fiscais, laborais, económicos, educativos ou sociais, entre outros. 

Máis información aquí.

Para solicitar o recoñecemento de dependencia, recomendámosche que solicites cita coa traballadora social dos Servizos Sociais do teu concello para que ela poda tramitalo. Se non tes traballadora social de referencia, podemos orientarche e acompañarche no proceso.

Podes consultalo no mapa de recursos da nosa web. En caso que teñas dúbidas co prodemento, chama ao noso teléfono 900 102 661 e orientarémosche.

En caso de que teu ou a túa familiar se atope nunha situación de crise, pregúntalle que necesitaría para atoparse mellor. É posible que facendo algo pequeno consigamos que non empeore a situación ou incluso que se revirta. En caso de que non haxa nada que poida facer un ou unha mesma, o recomendable é chamar ao profesional que teña de referencia (médico, psiquiatra, psicóloga…) para que lle oriente con pautas concretas para solventar esa crise. Nalgúns casos, segundo a súa gravidade, pódese contemplar como opción o ingreso involuntario.

Existen dous tipos de internamentos involuntarios: 

a) Internamento ordinario: é aquel que se realiza con autorización xudicial previa. O procedemento comenza mediante unha demanda xudicial que se presenta no Xulgado, acompañada de informes médicos que acrediten a necesidade do internamento. Incluso pode iniciarse a través do Ministerio Fiscal. Ademais dos informes médicos, débese contar cun informe do centro onde se realizará o internamento (sexa público ou privado) que estableza que existen prazas dispoñibles. 

b) Internamento urxente: é aquel onde o internamento se produce primeiro e a autorización xudicial se obtén posteriormente. Neste caso debe darse conta do internamento ao xulgado no prazo de 24 horas e o xulgado o ratificará como máximo nun prazo de 72 horas. É o internamento que se realiza a través do protocolo ACOUGO. Este protocolo establece que o internamento levarase a cabo chamando ao 061 en situación de urxencia, entendendo por tal aquela onde exista un grave perigo para a integridade física ou para a vida da persoa afectada ou de terceiras persoas. Realízase a través de persoal médico acompañado dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

É unha prestación económica que trata de cubrir a perda de ingresos que sufre unha persoa traballadora cando por enfermidade ou accidente ve reducida ou anulada a súa capacidade laboral. Dependendo do grao de incapacidade, esíxense uns requisitos xerais e de cotización. Se a incapacidade deriva de accidente, sexa ou non de traballo ou de enfermidade profesional, non se esixen cotizacións previas. 

Tipos, compatibilidades e incompatibilidades: 

- Incapacidade permanente parcial: compatible con calquera traballo, incluído o que estaba realizando. 
- Incapacidade permanente total: compatible con calquera traballo, excluído o desempeño do mesmo posto na empresa. 
- Incapacidade permanente absoluta e gran invalidez: a persoa pode realizar actividades compatibles co seu estado. A partir da idade de acceso á xubilación, é incompatible co traballo por conta propia ou allea. 

En todos os casos, se se realizan traballos susceptibles de inclusión nalgún dos rexímenes da Seguridade Social, existe a obriga de cursar alta e cotizar, debendo comunicarllo á entidade xestora. 

Máis información aquí.

Non. Ter un diagnóstico de saúde mental non leva parella a percepción dunha axuda económica. Pide cita e poderás recibir asesoramento sobre esta posibilidade segundo as túas circunstancias (certificado de discapacidade, anos cotizados, ingresos económicos familiares, demandante de emprego de longa duración, etc.).

Se non atopaches resposta a túa dúbida, podes preguntarnos a través do formulario.

Teño lido e acepto a política de privacidade.

Ten que aceptar a política de privacidade

Le informamos que "Saúde Mental Feafes Galicia- Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia", es el Responsable de tratamiento de los datos identificativos aquí facilitados, los cuales son empleados para gestionar la petición recibida, siendo lícito este tratamiento en base a un consentimiento inequívoco prestado por la persona interesada. Los datos no serán cedidos salvo obligación legal y serán conservados durante el tiempo preciso para alcanzar la finalidad acordada. Le informamos que puede ejercer los derechos de acceso, rectificación, portabilidad y supresión de sus datos y los de limitación y oposición a su tratamiento dirigiéndose a la dirección Rúa Belgrado 1, 15707 Santiago de Compostela o a través del email datos@feafesgalicia.org .También puede presentar una reclamación ante la autoridad de control en www.aepd.es.

Autorizo a FEAFES Galicia a enviar información a través do meu correo electrónico e/ou postal.

Enviar unha copia desta mensaxe a túa propia dirección de correo.