Hai moitas formas
de colaborar

Con moi pouco podes facer moito. Axudar a facerlle a vida máis fácil a outras persoas é máis sinxelo do que pensas, porque podes colaborar de moitos xeitos.

Formas de colaboración

Unha alianza con Saúde Mental FEAFES Galicia é un compromiso orientado á defensa dos dereitos e necesidades das persoas con problemas de saúde mental. O noso propósito non é movilizar recursos, senón mellorar a calidade de vida destas persoas, das súas familias e das persoas achegadas.

FACER UNHA DOAZÓN

Podes realizar doazóns ocasionais ou periódicas coa cantidade e frecuencia que desexes; contacta connosco en info@feafesgalicia.org ou no 981 942 380 e informarémosche sobre como facelo.

APORTAR SERVIZOS OU PRODUTOS

Podes colaborar aportando produtos ou material para a realización de actividades por parte da entidade, ou ben prestando as túas instalacións para acoller actos e eventos. 

FINANCIAR PROXECTOS

Podes financiar un proxecto social de promoción da saúde mental relacionado co ámbito de actuación e/ou o espírito da túa empresa.

REALIZAR POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO

Podes ofrecer prácticas na túa empresa ou contratar ás persoas integrantes da nosa bolsa de emprego a través do servizo de inserción laboral.