27/01/2021.

15 persoas fórmanse nun certificado de profesionalidade na Coruña

O pasado 25 de xaneiro, un grupo de 15 persoas participantes no Programa Integrado de Emprego de Saúde Mental FEAFES Galicia 2020/21 comezaron unha acción formativa na Coruña que consiste na impartición do Certificado de Profesionalidade “COMT0211 - Actividades auxiliares de comercio”. Dito curso terá unha duración de 3 meses, rematando o 14 de abril.

Con esta formación preténdese que as persoas participantes adquiran unha serie de competencias laborais no ámbito do comercio e o marketing, contando para iso cunha proposta formativa de carácter moi práctico en todos os seus módulos. O curso estará impartido pola formadora Mercedes Ramos, co apoio das técnicas responsables do programa Integrado na Coruña.

O Programa Integrado de Emprego de Saúde Mental FEAFES Galicia 2020/21, financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal, busca mellorar a empregabilidade e aumentar as posibilidades de acceso ao mercado laboral das persoas participantes, co obxectivo de que a lo menos o 36% delas logren acceder a un emprego.

Actualmente estase a desenvolver nas delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo, contando cun total de 100 participantes. Entre as accións que se levan a cabo dentro do programa, realízanse itinerarios personalizados de inserción e diversos obradoiros formativos, ademais de actividades transversais durante todo o proceso como técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego. 


Compartir contido