07/06/2021.

Ata pronto, Isabella e Yara!

Ao longo dos meses de abril e maio, dúas alumnas do Grao de Psicoloxía estiveron facendo as súas prácticas universitarias nas delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia en Vigo e en Santiago. Isabella e Yara acompañáronnos durante este tempo no marco do convenio de colaboración que mantén a nosa federación coa Facultade de Psicoloxía da USC.

Durante este tempo, Isabella e Yara tiveron a oportunidade de aplicar os coñecementos obtidos na súa formación académica, favorecendo tamén a adquisición de competencias que as preparen para o exercicio da actividade profesional, facilitando a súa empregabilidade e fomentando a súa capacidade de emprendemento.

Ambas colaboraron en diversas accións, tanto presenciais como telemáticas, como a realización de entrevistas a persoas usuarias, a participación en accións formativas, en talleres de busca activa de emprego, en accións de sensibilización en centros educativos, a realización de atencións individuais a persoas usuarias, etc.

Dende Saúde Mental FEAFES Galicia queremos agradecer a implicación de ambas durante as súas prácticas e a flexibilidade que amosaron nestes momentos tan complexos marcados pola pandemia, así como desexarlles moita sorte no futuro. Grazas Isabella e Yara, vémonos pronto!


Compartir contido