04/05/2022.

Camiñantes, ao Camiño!

Son moi diversas as razóns que impulsan a alguén a facer o camiño. Por amor á natureza, por coñecer a historia, pola experiencia ou por crenzas persoais...  Para os nosos e as nosas camiñantes, que teñen algún problema de saúde mental, é unha forma de loitar contra o estigma que aínda sofren, de mostrarse capaces de facer o mesmo que o resto das persoas. De superar as barreiras do camiño, completar as súas etapas e desfrutar da experiencia coma todos os demais.

Por iso, o próximo 5 de maio, os peregrinos e peregrinas de Saúde Mental FEAFES Galicia volven recorrer o Camiño de Santiago. A nosa andaina do Camiño Primitivo, consta de 10 etapas. E mañá acometemos a primeira, saíndo de Lugo e percorrendo unha distancia de 10km ata San Vicente Do Burgo.

Preto de 40 camiñantes, usuarios e usuarias das asociacións Saúde Mental Ferrol, Alume, APEM, DOA, Avelaíña e Andaina; participarán desta experiencia dunha duración estimada de 4 horas. Unha iniciativa que agardamos desfrutar e compartir tamén cos outros peregrinos que atopemos.

Vémonos nos camiños!

Compartir contido