01/07/2020.

Renovamos a colaboración coa Consellería de Política Social

Saúde Mental FEAFES Galicia e a Consellería de Política Social veñen de renovar o seu convenio de colaboración, o cal permite continuar un ano máis coas actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e de atención á dependencia que desenvolve a entidade en toda Galicia.

Para iso, a Consellería de Política Social destinou un orzamento de 635.736,00 € á federación de saúde mental, partida que irá destinada ao financiamento das diferentes accións que contempla o convenio de colaboración e que se levarán a cabo durante o ano 2020.

Ademais, esta axuda da Consellería de Política Social tamén contribúe ao mantemento e coordinación do movemento asociativo de saúde mental, así como ao impulso da comunicación externa da federación e as accións de sensibilización e loita contra o estigma levadas a cabo dende a entidade.




Compartir contido