15/02/2021.

Saúde Mental FEAFES Galicia atende a 900 persoas grazas á asignación do IRPF

Este ano, igual que os anteriores, Saúde Mental FEAFES Galicia recibirá apoio económico para diferentes programas que foron presentados á convocatoria do IRPF do ano 2020. En total, á entidade foille concedido un importe de 315.503,39 €, grazas ao cal se financiarán 13 proxectos dos que se beneficiarán arredor de 900 persoas con problemas de saúde mental e persoas achegadas. 

Este importe procede da recadación obtida grazas á xente que marcou o recadro de “Fins Sociais” na súa declaración da renda do 2020, o cal permite destinar un 0,7% dos seus impostos a realizar programas que beneficien ás persoas en situación de exclusión ou pobreza a través de organizacións de acción social, sen que isto lle supoña ao contribuínte pagar máis ou recibir menos diñeiro en caso de devolución. 

As entidades encargadas de executar os programas que desenvolverá Saúde Mental FEAFES Galicia serán 12 das súas asociacións membro, así como as 5 delegacións da federación. Estes proxectos permitirán seguir atendendo ás persoas con problemas de saúde mental en máis de 30 localidades das catro provincias galegas, especialmente a aquelas que teñen ou están nunha situación de maior vulnerabilidade e risco de exclusión social. 

Os programas de interese xeral para fins de carácter social financiados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF que se desenvolverán entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 son os seguintes:

Actuacións de inclusión social:
  • Achega Saúde Mental
  • Incorpora Social 
  • PSH Saúde Mental
Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade:
  • Inclúe Emprego
  • Atendo Saúde Mental
  • De par en par Saúde Mental
  • Previr Saúde Mental
  • Ocio e Benestar
  • Apoio e soporte integral para familiares
Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade:
  • Inviste Saúde Mental (Alba)
  • Inviste Saúde Mental  (Alume)
  • Inviste Saúde Mental (ASPANEPS)
Actuacións destinadas ao voluntariado:
  • Volunta Saúde Mental



Compartir contido