21/06/2022.

Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolve o Programa Integrado de Emprego para o fomento de persoas con discapacidade en Galicia


Durante o período 2022-2023, Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolverá no marco do convenio firmado polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) e a Consellería de Emprego e Igualdade, o Programa Integrado para o fomento da empregabilidade das persoas con discapacidade de Galicia dentro das políticas activas de emprego previstas en Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Nestes dous anos, realizaranse acción en toda Galicia para un total de 262 persoas, atendendo a 131 persoas por ano.

Buscamos ofrecer un programa integral que aborde as necesidades das persoas con discapacidade. Realizaremos un programa individualizado que atenda, non só as súas necesidades de emprego, senón tamén as necesidades derivadas do seu entorno familiar, cultural e xeográfico.

O proxecto desenvolverase mediante accións individuais e grupais. As accións individuais están enfocadas a crear un itinerario personalizado de inserción e asesoramento. As acción grupais, consisten en realizar obradoiros orientados a mobilidade laboral, emprendemento, crear un perfil profesional, coñecer os recursos para a busca activa de emprego, e impulsar as capacidades das persoas participantes.

Dende as delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia de A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago, xa puxemos en marcha o Programa Integrado Emprego para o fomento de persoas con discapacidade en Galicia con accións individuais, grupais e prácticas en empresas non laborais.



Compartir contido