17/06/2022.

Saúde Mental FEAFES Galicia e Fundación Mapfre unidos pola sensibilización medioambiental e a integración laboral


Saúde Mental FEAFES Galicia e Fundación MAPFRE realizaron o 17 de xuño, unha xornada de sensibilización “Saúde Sostible”. Durante o acto, no que tamén participaron persoas voluntarias da Asociación Itínera, púxose en valor a capacidade e calidade do traballo das persoas con problemas de saúde mental, ademais de sinalar a importancia de manter o noso entorno limpo e ser responsables co medioambiente; contribuíndo e concienciando da importancia de protexer o noso plante fronte ao cambio climático.

Máis de 20 persoas voluntarias e usuarias da entidade Saúde Mental FEAFES Galicia, participaron nesta xornada de plantación de árbores e recollida de lixo no entorno de Santa Marta en Santiago de Compostela. Estas iniciativas de voluntariado ambiental son unha importante ferramenta para recuperar e restaurar zonas que se foron degradando para devolvelas a un estado o máis natural posible.

Por outra banda, Saúde Mental FEAFES sinalou que: “a saúde mental é responsabilidade de todas as persoas, non só das que teñen algún problema desta índole, se non da sociedade en xeral. Está na nos aman como empresario, como entidades e como persoas, eliminar eses prexuízos e ofrecer oportunidades reais de inserción na sociedade. Isto lógrase a través do traballo, de máis axudas e de medios que apoien a estas persoas”.

Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Juntos Somos Capaces de Fundación MAPFRE, que desde a súa creación, fai máis de 12 anos, fixo posible que máis de 6000 empresas colaboren activamente co programa, que facilitou a inserción de 5.200 persoas con discapacidade intelectual ou con problemas de saúde mental.

Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro con 27 anos de traxectoria traballando pola normalización e a integración das persoas con problemas de saúde mental.

Participaron nesta xornada: José Javier Fernández Martínez, Concelleiro responsable de Centros Socioculturais, Barrios, Obras e Relacións Veciñais; Xosé Ramón Girón, Presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia e Carlos Martínez, Director de la Asociación Itínera.

Compartir contido