13/06/2014.

Andaina participa na III Feira da Sidra de A Estrada

O vindeiro sábado 14 de xuño, terá lugar a III Feira da Sidra na praza do concello de A Estrada, un encontro organizado pola Asociación Maceira e Sidra no que se poderá degustar unha boa selección de sidras de toda a cornisa norte peninsular e mesmo algunha bretoa.

Neste evento participarán lagares franceses, vascos, cántabros, asturianos e galegos, e entre eles estará a sidra artesá Mundo Mazá elaborada por persoas con enfermidade mental da asociación Andaina. Esta marca trata de unir a elaboración da sidra coa inserción laboral deste colectivo, demostrando que os trastornos mentais non están reñidos co emprego nin coa elaboración de produtos de calidade.

Paralelamente a esta mostra, desenvolverase o concurso Grolo de Ouro a través do cal, mediante votación popular, valoraranse as sidras de produtores caseiros que elaboran o seu produto en Galicia. 

Se queres degustar a sidra de Mundo Mazá, non dubides en achegarte o sábado 14 á Estrada! Busca á asociación Andaina, proba a súa sidra e pasa un rato entretido con arume a maceira.

feira sidra.jpg

Compartir contido