12/12/2013.

FEAFES Galicia asina o convenio Incorpora de La Caixa coa asociación de Panadeiros de Ourense

Este mércores 11 de Decembro, o director de FEAFES Galicia, Antonio Hernández, o presidente da Asociación de Panadeiros de Ourense, Roberto González, o subdirector da oficina La Caixa Mariñamansa, Oscar Blanco, e a representante de Igaxes3 e do Grupo Incorpora Galicia, Cristina Rozas, asinaron un acordo que ten como obxectivo fomentar a integración laboral de persoas con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo. 

O programa Incorpora de La Caixa fomenta, desde 2008, a inserción laboral de colectivos desfavorecidos, como poden ser persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, parados de longa duración, mozos en situación de vulnerabilidade, inmigrantes ou vítimas de violencia de xénero. 

A Asociación de Panadeiros de Ourense comprométese a colaborar con Incorpora mediante o fomento da contratación e a formación de persoas pertencentes a estes colectivos, entre os que se atopan as persoas con enfermidade mental. 

En Galicia hai máis de 41.000 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental, segundo o censo da Consellería de Traballo e Benestar. De todas elas, menos do 5% teñen un emprego estable, e case a metade deles asegura ter sufrido algún tipo de discriminación laboral. Por ese motivo, traballar por unha boa inserción laboral deste colectivo é un tarefa fundamental que pretende impulsar FEAFES Galicia a través de convenios deste tipo.

Xunto a FEAFES Galicia, outras catro entidades sociais son as encargadas de desenvolver o programa Incorpora en Ourense: Érguete, Apes, Cruz Vermella Ourense, Cogami e Igaxes3.  

programaincorpora.jpg

Compartir contido