Skip to main content

O venres 17 de abril terá lugar o primeiro encontro no que os membros do Club de Ocio terán a ocasión de coñecer á nova compañeira, falar con ela e intercambiar gustos e opinións. A cita terá lugar ás 17:00 no Sireno “Porta do Sol” para tomar algo nun ambiente tranquilo e relaxado.

O xoves 23 de abril entraremos de cheo na axenda do mes para celebrar o Día Mundial do Teatro, ocasión que a Escola Municipal de Teatro de Vigo aproveitará para organizar unha mostra de doce escenas teatrais gratuítas. Os membros do Club de Ocio de Vigo non deixarán pasar a oportunidade de achegarse a disfrutalas, para o cal quedarán ás 18:00.

E para rematar o mes, unha de fútbol! O mércores 29 de abril acudiremos a Balaídos para disfrutar dun novo encontro do Celta, que se enfrontará esta vez ó Málaga. Quedaremos ás 19:30 na Porta 0 para recoller as entradas e, como non, disfrutar do encontro deportivo.

ocio vigo mes de abril.jpg