Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Achegámonos á arte con Carlos Maside

By 26 de Abril de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

A cita terá lugar este sábado 26 de abril ás 17:00 na sede da Fundación Novacaixagalicia de Santiago (Rúa do Villar, 19), onde se atopa a mostra do artista galego Carlos Maside que leva por nome “Maside en Compostela: O testamento pictórico do mestre”. 

A exposición celebra que toda a herdanza pictórica que deixou Maside a Galicia atópase xa na capital galega, lugar no que o artista viviu e onde quixo que quedase a súa obra. A través de 31 cadros de diversas temáticas realizados con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela pasando pola tinta china sobre pergameo, a exposición amosa  un percorrido pola obra e vida deste artista que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Carlos Maside é unha das grandes figuras recoñecidas da arte galega, non só pola particularidade da súa técnica e as súas ganas de renovación, senón tamén porque a súa obra constitúe hoxe un gran legado da Galicia do século pasado.

O interese por visitar esta exposición xurdiu dos propios usuarios do Club de Ocio FEAFES Santiago e fíxose realidade grazas á amabilidade da Fundación Novacaixagalicia, que permitiu que estes puidesen disfrutar dunha visita guiada pola obra do recoñecido artista de Pontecesures.

maside (2).jpg        maside (1).jpg