Para conmemorar os seus 30 anos de historia, a asociación de saúde mental de Vigo e Cangas ten prevista unha completa axenda de actividades. Tras dar o pistoletazo de saída ao seu aniversario cunha xornada de portas abertas e un acto institucional o 16 de febreiro, estas son as actividades que Doa ten previstas para os próximos meses:
24 de marzo: Mesa informativa sobre saúde mental no edificio do Concello de Cangas do Morrazo
6 de abril: Mesa informativa sobre saúde mental no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
11 de abril: Mesa informativa sobre saúde mental no entorno do mercado de Cangas do Morrazo
18 de abril: Clase maxistral do chef Pepe Vieira a usuarios da asociación Doa
28 de abril: Charla “Doa, 30 años en saúde mental. De onde vimos e cara onde imos”, na que participarán persoas relacionadas co nacemento de Doa, así como traballadores e responsables da entidade na actualidade. De 11:30 a 13:30 no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo
5 de mayo: Mesa informativa sobre saúde mental no Hipermercado Alcampo de Coia en Vigo
19 de mayo: Xornada na Sala de Conferencias de Abanca en Vigo
22 de mayo: Inauguración da exposición de obras os usuarios de Doa na Casa da Xuventude de Vigo ata o 10 de xuño
Máis información en www.asodoa.org.