Skip to main content
O Certame Artístico Igualarte é un concurso aberto ás disciplinas de música, danza, teatro, plástica e audiovisual que pretende poñer en valor as expresións artísticas de persoas con capacidades diferentes, entendendo que o arte é un dereito que pertence a todos e que permite expresar, comunicar e transmitir.
Na súa III edición, o Certame Artístico Igualarte recoñeceu o traballo da compañía teatral Morea Show, pertencente á asociación de saúde mental Morea O Barco, que resultou gañadora na categoría de teatro grazas ao seu espectáculo “Microencontros”. Esta peza componse de pequenas escenas inconexas que fan reflexionar ao espectador sobre as emocións, protagonizadas por peculiares personaxes que se enfrontan a situacións do máis divertidas.
Os gañadores das distintas categorías do III Certame Artístico Igualarte presentarán as súas obras os días 3, 4 e 5 de novembro durante a celebración do III Festival Igualarte. No caso de Morea, a obra “Microencontros” será interpretada o martes 3 de novembro ás 20:00 no Auditorio Municipal de Vigo (Praza do Rei s/n). Se queres coñecer o programa completo do Festival, podes consultalo aquí.