Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Adestramento do Azkar Lugo

By 23 de Abril de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

Este mércores 23 de abril ás 19:00, o Pabillón Municipal de Lugo abre as súas portas ós usuarios do Club de Ocio de FEAFES Lugo para que poidan ver de primeira man como adestran os xogadores do Azkar Lugo. O club deportivo xa nos convidara en outras ocasións a disfrutar dos encontros que disputa na casa, pero desta vez a visita será diferente.

Os usuarios do Club de Ocio de FEAFES Lugo terán a oportunidade de coñecer ós xogadores do Azkar Lugo, charlar con eles e mesmo facerse fotografías; de seguro que máis de un sairá cunha libreta chea de autógrafos! E para ir ben animados ó estadio, os usuarios quedarán antes do adestramento, ás 17:30, para tomar un café e ter un momento de convivencia.

Grazas ó Azkar Lugo por abrirnos unha vez máis as súas portas!

entrenamiento azkar lugo.jpg